A familia: unha nova andaina
Unha serie de catro obradoiros prácticos dirixidos a familias con crianzas ata 6 anos.
Os mércores deste mes afondaremos nas peculiaridades e na cultura interna dos diferentes tipos de educación na familia. Un dos maiores retos é decidir e asumir como imos educar as nosas crianzas, que valores imos ter en conta e cal vai ser a nosa postura na vida familiar. A observación, a intuición e a coherencia axudarannos a respectar o propio proceso do seu desenvolvemento e responder con máis exactitude ao que precisan. Estarán guiados por especialistas da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy.
Estes obradoiros combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada que as acompañe:
- 7 de xullo “Xogamos co xornais”
- 14 de xullo “Fabricamos sales de cores”
- 21 de xullo “Pintamos con crema de ovo”
- 28 de xullo “Facemos masa de pan”
A inscrición das familias é única para todo o mes neste formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza.