Arrolos e colos musicais

Crianzas

Traballar a música, así como a lingua primeira, é do máis importante, pois fomenta a aprendizaxe dun xeito natural para achegarlles ás crianzas unha experiencia rica tanto no vocabulario lingüístico como na linguaxe sonora. Neste obradoiro, a especialista en estimulación musical temperá, Leticia Falcón, vainos guiar polas primeiras pezas musicais para achegarllas ás nosas crianzas.

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisan inscrición. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. A inscrición pecha ás 12 h do día previo á actividade. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechada a inscrición. En caso de querer anular a praza, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda).

Dirixido a : 
De 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 01/07/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25