As tarefas da vida cotiá

Crianzas

AS TAREFAS DA CONTORNA E DA VIDA COTIÁ

Obradoiros para medrar. Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza en paquetes mensuais para irmos tratando e afondando en temas de especial interese nas idades máis temperás. Combinamos o seu xogo coa nosa aprendizaxe. Para estas actividades non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

Os venres deste mes mostraranse formas de “Enredar e aprender coas tarefas da contorna e da vida cotiá” co fin de facer partícipes as crianzas e desenvolver unha parentalidade positiva arredor do día a día.

A inscrición para os venres 4, 11, 18 e 25 do mes de xuño faise a través do seguinte formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.

O prazo de inscrición para os venres do mes de xuño vai desde o día 28 de maio ata o 3 de xuño. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado no xoves previo ao primeiro venres. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Familias con crianzas de 0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 18/06/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25