Entre arrolos e contiños
"Entre arrolos e contiños" será unha sesión tranquila onde compartiremos historias con música da man de Bea Campos e do seu guitarrista de Migallas:
“Abre os ollos, as orellas,
o nariz e a boca xa,
entre arrolos e contiños,
a sesión vai comezar”.
De 6 meses a 4 anos.
Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela
Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cóm