Certame Enreguéifate 2021

Ensino
Mocidade
Xeral
30/03/2021

Para apoiar e difundir a regueifa e contribuír á promoción do uso da lingua galega, o Concello de Santiago, xunto cos de Ames, Pontevedra, Rianxo e Teo, organizan o certame Enreguéifate.

A participación concrétase a través de vídeos nos que, cando menos, deben aparecer dúas persoas practicando algunha das modalidades da improvisación oral en verso e en galego. Os vídeos teñen un límite de 3 minutos mais poden estar gravados en calquera formato e cunha temática libre.

O certame diríxese a calquera persoa ou colectivo, sen límite de idade nin xeográfico. As interesadas poden inscribirse desde a web do programa, á vez que envían o(s) seu(s) vídeos e escoller a categoría escolar, se o fan desde un centro de ensino, ou xeral. As bases completas e toda a información complementaria sobre o proxecto atópanse tamén na mesma web.

Na presentación do certame, o concelleiro de políticas lingüísticas de Santiago, Rubén Prol Mariño, destacou tamén que o Enreguéifate, en asociación coa Regueifesta, acaba de ser seleccionado polos Premios Mil Primaveras na categoría de mellor proxecto estabilizado.

Resumo: 

Do 29 de marzo ao 28 de maio está aberto o prazo para inscribir vídeos.