Carabranca

Carabranca
Crianzas

Este mércores hai función!

A Compañía Eléctrica con Iria Pinheiro á fronte presenta un conto de Iván Sende onde unha nena pirata logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se mesturan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade.

A partir de 3 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición da actividade escollida e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 10/03/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17