Desenvolvemento motriz
OBRADOIROS PARA MEDRAR
PRAZAS ESGOTADAS!
Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza, que iremos presentando en paquetes mensuais, para tratar e afondar en temas de especial interese nas idades máis temperás. Combinamos o seu xogo coa nosa aprendizaxe!
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy vai falarnos durante os venres de marzo da "Educación a través do desenvolvemento motriz", cos seguintes obradoiros para estimular o sistema psicomotor:
- 5 de marzo: "Xogamos con pan relado"
- 12 de marzo: "Xogamos con papel"
- 26 de marzo: "Pintamos con chocolate"
Nos correos de confirmación da inscrición indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.
Para familias con crianzas ata os 6 anos.
Para asistir é necesario inscribirse previamente no formulario. Pódese realizar desde a publicación da programación mensual ata completar a capacidade. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal) para posibilitar a asistencia de persoas que estean en listaxe de agarda. Para estas actividades non hai límite en número de persoas adultas por crianza.
Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda) e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas.