O capitán Garfo
OS XOVES FUNCIÓN!
Pop electrónico con vontade didáctica no eido da alimentación! Saúl System ofrece un concertiño onde vai preparar un nutritivo e divertido menú musical co que aprenderemos bos hábitos alimentarios, a importancia que ten un bo almorzo, a poñer a mesa ou a facérmonos amigas das verduras e da ensalada. Préstavos?
De 3 a 6 anos
Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo desde unha semana antes da actividade ata o día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.
Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas.