Hábitos saudables
ACTIVIDADE CANCELADA E CON PREVISIÓN DE SER REPROGRAMADA EN VINDEIRAS DATAS
OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!
Hábitos saudables na infancia: Obradoiro en que, xunto coa profesional da medicina Sara Castro imos xerar un espazo onde gozar e comparir hábitos de vida saudable na infancia e na vida en xeral. Xogaremos coas nosas crianzas nunha experiencia que lles vai deixar pegada positiva para o futuro. Animadesvos?
Para familias con crianzas entre 0 e 6 anos.
Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisan inscrición previa. A inscrición faise cubrindo cubrindo o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.