Saúde: demanda e...

Crianzas

Cales son os coidados en saúde e como demos utilizar o sistema sanitario no día a día da crianza? A médica Tania Salgado vai estar á nosa disposición para explicarnos cales son as liñas de seguimento sanitario que ten o sistema e para resolver todas as dúbidas que poidamos ter. Crearemos un espazo onde pór en común as nosas experiencias a xeito de faladoiro.

Haberá espazo de conciliación Enredando de xeito paralelo (só hai que solicitalo no formulario de inscrición).

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisan inscrición previa.  A inscrición faise cubrindo cubrindo o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Nais, pais e persoas encargadas da crianza de 0 a 6 anos.
Data, hora e lugar: 
Mér, 11/11/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20