Abrimos prazo para enviar regueifas

Xeral
23/03/2020

Dende o 23 de marzo até o 29 de maio está aberto o prazo para participar na IV edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.

Para facelo, debedes enviar o voso vídeo regueifando a través do formulario de inscrición que aparece abaixo. A participación é aberta e de balde, mais tede en conta que:

– Hai dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.
– A lingua empregada nas regueifas debe ser o galego, a temática é libre, en cada vídeo deben aparecer cando menos 2 persoas e a duración máxima é de 3 minutos.

 

 

 

Resumo: 

O certame enreguéifate continúa en rede