Xogos de palabras

Crianzas

As palabras son, moitas veces, a chave do xogo, sérvennos para establecer normas, animar, interactuar... Imos poñelo en práctica con ditos e cancións para entreternos, coñecérmonos mellor e relacionarnos.

Xogar coa palabra falada e cantada para entreterse é un costume moi arraigado na crianza tradicional. Coñecer a contorna a través das palabras e aprender a relacionarse vén en parte dado por estes xogos.

Todos os mércores, entre as 17.30 e as 18.30.

Para nenas e nenos de 3 a 6 anos.

Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo ata ás 12 h do día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que anotaron (despois do peche da inscrición). En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase a totalidade das persoas asistentes.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda). Será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado

Dirixido a : 
Nenos e nenas de 3 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 30/06/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17