Contos para bebés
InscriciónSesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para goce dos bebés. Ao mesmo tempo, as mamás e os papás poderán recuperar e e transmitir parte da nosa rica tradición oral levando para as súas casas unha mostra destes recursos e desenvolvérenos en familia.
Actividade organizada polo Departamento de Lingua para o programa Apego a cargo de Pavís Pavós.
Cómpre inscribirse enviando unha mensaxe ao correo electrónico dlg@santiagodecompostela.gal na que se indique o nome do(s) neno(s) que quere(n) anotarse, o da persoa adulta responsable, e a sesión na que queren anotarse.
Prográmanse dúas sesións, ás 17 e ás 18 h, con 25 prazas en cada unha.
As prazas dispoñibles adxudicaranse pola orde de entrada das mensaxes de correo que cheguen dentro do prazo (entre o 25 e o 29 de marzo) e contan unicamente as nenas e nenos, non as persoas adultas acompañantes. Unha vez rematada a inscrición, cada mensaxe recibirá unha resposta coa confirmación ou, se é o caso, co lugar da listaxe de agarda en que quedou.