Nano vai á escola

Nano vai á escola
Crianzas

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura porque, cando se é tan pequena, ata as cousas máis sinxelas se converten nun reto. 

Este ano Nano comeza a etapa escolar e será nese lugar tan diverso onde vai descubrir que a seguridade de termos personalidade e lingua propia van ser un gran apoio.

Raquel Queizás tráenos este mes de setembro un nanoconto co que imos reflexionar, divertirnos e soñar unha vez máis...

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 20. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
Crianzas de 1 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 21/09/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25