Nano canta croac

Crianzas

Atopar as palabras para expresar como nos sentimos ás veces non é doado. Nano canta croac cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasará á nosa ra favorita?

 

Raquel Queizás tráenos ao Espazo Apego un novo Nanoconto para a rapazada de 1 a 4 anos. Será o xoves 16 de setembro ás 17.30 horas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

 

Dirixido a : 
Nenas e nenos de 1 a 4 anos con acompañamento
Data, hora e lugar: 
Xov, 16/09/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
18