Na granxa de Perico

Crianzas

Este xoves hai función!

A contadora Ana Facchini tráenos unha combinación de pequenas historias para as primeiras idades con retrousos, cantigas, xogos de man e de faldra, poemas e obxectos. Os animais e o coñecemento do mundo natural e das tradicións protagonizarán esta sesión de encantacontos.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas son limitadas e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición (ás 12 h do día anterior).

En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 21/04/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25