Movéndonos con Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…
Cada semana o enfoque é diferente e o segundo luns do mes a psicomotricidade é a guía en Movéndonos con Apego para desenvolvermos a capacidade sensitiva, perceptiva, representativa, comunicativa e expresiva mediante a interacción activa do corpo coa súa contorna.
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte.
Luns 9. Movéndonos con Apego
O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do día anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia, cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.