Merendolas!
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…
Cada semana o enfoque é diferente e o primeiro luns do mes cocíñase no espazo Merendolas para desenvolver habilidades espertando a curiosidade polo máis próximo: a comida.
E nesta primeira sesión de setembro faremos uns divertidos ourizos de pera para familiarizarnos coas froitas máis próximas!
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte (non esquezades indicar alerxias ou intolerancias alimentarias):
Luns 2. Merendolas
O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.