Medrar en igualdade

Crianzas

Faladoiro: Ideas para medrar en igualdade.

Este mércores de escoliña toca falarmos da importancia de educar as crianzas en valores baseados na igualdade de xénero. Analizarase a importancia da imaxe, da linguaxe, do xogo e dos xoguetes que poñemos á súa disposición coa guía das monitoras do Espazo Apego.

20 prazas.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior. Indicar no correo se é preciso o espazo para a conciliación Enredando.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos ou que agardan un bebé.
Data, hora e lugar: 
Mér, 14/10/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20