Medos, identidade e...
MEDOS, IDENTIDADE E AUTONOMÍA
Obradoiros para medrar. Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza en paquetes mensuais para irmos tratando e afondando en temas de especial interese nas idades máis temperás. Combinamos o seu xogo coa nosa aprendizaxe. Para estas actividades non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.
Cada venres deste mes abordarase un tema con cadanseu obradoiro práctico.
- 7 de maio. Tema: medos e inquedanzas á hora de educar. Obradoiro: “Xogamos con caixas de luz”
- 21 de maio. Tema: fomentar a autonomía. Obradoiro: “Plantamos unha semente”
- 28 de maio. Tema: a identidade. Obradoiro: “Debuxamos a nosa silueta”
A inscrición para os venres do mes de maio faise desde o día 29 de abril ata o 7 de maio a través do seguinte formulario. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado no xoves previo ao primeiro venres. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.
Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.