Martes de contos

Martes de contos no parque 2020
Crianzas

Os Martes de contos volven ao  parque de Bonaval un verán máis para gozarmos dunha contada en cada convocatoria baixo a sombra das árbores e a carón das arcadas da primeira plataforma.

Todos os martes de agosto ás 18 h temos unha cita con moito Apego! Para inscribirse hai que entrar en reservas.gal a partir do xoves anterior a cada contada. A programación é a seguinte:

  • 4 de agosto. "Bailar nas nubes" con Sole Felloza (de 0 a 6 anos). Unha nena soña con bailar coas nubes mais, a súa casa está pegadiña á terra e moi, moi lonxe do ceo!
  • 11 de agosto. "Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras" con Paula Carballeira (de 0 a 6 anos). Unha nena é a protagonista da súa historia. Nada máis sinxelo. Nada máis difícil. 
  • 18 de agosto. "Contos a pé de rúa" con Caxoto (de 0 a 6 anos). Un particular varredor municipal chega á praza para realizar a súa función co mellor dos ánimos...
  • 25 de agosto. "As lembranzas de Carolina" con Isa Herrero e Raquel López Cendán (de 2 a 7 anos). Carolina é unha galiña que ten as cousas claras desde pequena, de feito case o primeiro que fixo, foi cambiar o nome.
Dirixido a : 
De 0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 01/09/2020 - 18:00
Parque de Bonaval