A loba Antea

A Teta dos Contos
Crianzas

Nun treito do Camiño de Santiago, no monte do Viso, vive a protagonista do conto: Antea, unha loba encargada de coidar o medio que ademais é artista, acróbata e equilibrista. Antea coñecerá a Sarela, unha nena coa que aprenderá a reciclar e a reutilizar o lixo.

Iolanda e Irupe da Teta dos Contos achégannos con "A loba Antea"  unha pequena peza teatral musicada e de monicreques que nos dará pé a reflexionar sobre a importancia de vivirmos en harmonía co medio natural.

A partir de 3 anos.

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda).

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 3 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 24/06/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25