Lingoretadas

Imaxe de Pixabay
Crianzas

Un espazo moi aberto para pasalo ben, socializar e darlle á lingua. Podemos brincar, pintar, mover corpo ao son da música, cantar, xogar cos ditos, coas adiviñas, imaxinar… O principal é crearmos un contexto favorable ao galego.

Para acudir só hai que anotarse antes das 12 horas do día anterior cubrindo este formulario:

Inscrición Lingoretadas 29/12/2022

As prazas son limitadas e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

 

 

Dirixido a : 
Crianzas de 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 29/12/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25