A fiestra dos soños

Trotaventos
Crianzas

IMPORTANTE!! ESTE CONCERTO SUBSTITÚESE  POR "BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ!" DA GRAMOLA GOMINOLA

Para despedir a festiña do ano 2021 e desexando volver vernos o vindeiro ano xa con normalidade contaremos con:

A fiestra dos soños de Trotaventos

Espectáculo musical para o público miúdo onde os  poemas se converten en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade… A fiestra dos soños é, un proxecto non para crianzas nin para persoas adultas, senón para soñadores e soñadoras.

Os convites para este espectáculo poden retirarse a partir do 20 de decembro ás 11 h en compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C, Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h.

Recoméndase ler o protocolo de acceso aos espectáculos do Auditorio de Galicia. Pregamos que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza e que non se retire entrada se non se vai asistir.

 

Dirixido a : 
Público familiar
Data, hora e lugar: 
Xov, 30/12/2021 - 18:30
Auditorio de Galicia
Prazas: 
1000