Fase de zona do Club de Debate

Ensino
27/03/2019

O 3 de abril, no Centro Cívico do Romaño, en Compostela, celébrase a xornada comarcal do Club de Debate 2019.

Os nove equipos particiantes terán que defender as posicións a favor e encontra do tema proposto: "É adecuado o uso de dispositivos móbiles nos centros escolares".  Para iso, ademais de seguiren as normas do regulamento da actividade, estiveron traballando cos seus preparadores e preparadoras para buscaren datos e argumentos e tamén para mellorar as súas habilidades comunicativas.

Os equipos proceden dos centros IES de Cacheiras, IES do Milladoiro, IES de Ames e IES Antonio Fraguas de Santiago e serán avaliados por un xurado composto polas seguintes persoas: Luís Pérez Barral (técnico de normalización lingüística), Sandra Barrientos (xornalista), Elba Baldomir Turnes (filóloga), Humberto Busto (profesor) e Xaime Varela Sieiro (profesor).

Os debates  están abertos para calquera persoa que desexe asistir e tamén se pode facer un seguimento da xornada a través da páxina de Facebook do Club de Debate.

Ao remate da intensa xorndada, con nove debates e momentos para a convivencia, comunicaranse os equipos que se clasifican para a fase galega  e entregaranse os premios da fase de zona (valorados en 500 e 300 euros respectivamente).

 

Resumo: 

Case 100 rapaces e rapazas, de 9 equipos procedentes de Ames, Teo e Santiago, debaten sobre o uso dos dispositivos móbiles nos centros de ensino durante xornada comarcal do Club de Debate.