A familia: unha nova andaina

Crianzas

Unha serie de catro obradoiros prácticos dirixidos a familias con crianzas ata 6 anos.

Os mércores deste mes afondaremos nas peculiaridades e na cultura interna dos diferentes tipos de educación na familia. Un dos maiores retos é decidir e asumir como imos educar as  nosas crianzas, que valores imos ter en conta e cal vai ser a nosa postura na vida familiar. A observación, a intuición e a coherencia axudarannos a respectar o propio proceso do seu desenvolvemento e responder con máis exactitude ao que precisan. Estarán guiados por especialistas da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy.

Estes obradoiros combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada que as acompañe:

  • 7 de xullo “Xogamos co xornais”
  • 14 de xullo “Fabricamos sales de cores”
  • 21 de xullo “Pintamos con crema de ovo”
  • 28 de xullo “Facemos masa de pan”

A inscrición das familias é única para todo o mes neste formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza.

Dirixido a : 
Familias con crianzas ata 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 28/07/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25