Extra!

Extra! de Paco Nogueiras
Crianzas

Xoves de función con Paco Nogueiras!

A actualidade vaise converter en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos… Extra, extra! O novo traballo musical do noso querido Paco Nogueiras preséntase a modo de nova.

A partir de 4 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Crianzas de 4 anos en diante
Data, hora e lugar: 
Xov, 06/05/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25