Experimentamos

Crianzas

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…

Cada semana o enfoque é diferente e o cuarto luns do mes promoverase que as nenas e os nenos conecten coa lingua de forma normal mediante unha experiencia lúdica, motivadora e divertida unida ás ciencias. 

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:

Luns 29. Experimentamos

Inscrición

O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Lun, 29/04/2024 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15