Estrazalonia

Inscrición
Crianzas

A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e alí atoparán un mundo de papel, onde todo é o que cada quen quere que sexa.
Neste mundo a cativada descubrirá novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación.

Actividade organizada polo Departamento de Lingua para o programa Apego e protagonizada pola compañía O baúl da Tía Tola.

Cómpre inscribirse enviando unha mensaxe ao correo electrónico dlg@santiagodecompostela.gal na que se indique o nome do(s) neno(s) que quere(n) anotarse e o da persoa adulta responsable.

As prazas dispoñibles adxudicaranse pola orde de entrada das mensaxes de correo que cheguen dentro do prazo (entre o 18 e o 22 de marzo). Unha vez rematada a inscrición, cada mensaxe recibirá unha resposta coa confirmación ou, se é o caso, co lugar da listaxe de agarda en que quedou.

 

Dirixido a : 
Nenas e nenos de 1 a 5 anos.
Data, hora e lugar: 
Mér, 28/03/2018 - 17:30
Centro Cívico do Ensanche
Prazas: 
30 nenos/as