Estimulación musical temperá
Traballar a música, así como a lingua primeira, é do máis importante, pois fomenta a aprendizaxe dun xeito natural para achegarlles ás crianzas unha experiencia rica tanto no vocabulario lingüístico como na linguaxe sonora. Neste obradoiro, a especialista en estimulación musical temperá, Leticia Falcón, vainos guiar polas primeiras pezas musicais para achegarllas ás nosas crianzas (0 a 4 anos)
Para poder cumprir coas normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisan inscrición. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. A inscrición pecha ás 12 h do día previo á actividade. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechada a inscrición. En caso de querer anular a praza, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda).