Estilos de aprendizaxe

Crianzas

 

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, da man da súa psicóloga infantil Olaia González, achéganos un obradoiro para aprender, xunto ás nosas crianzas, os diferentes estilos para aprender e as teorías que rodean esta cuestión. Toda a variedade de prácticas de crianza e estilos de aprendizaxe para fomentar o seu desenvolvemento integral e harmónico.

Para familias con crianzas de 0 a 3 anos.

Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo desde unha semana antes da actividade ata o día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar de que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

Dirixido a : 
Familias con crianzas de 0 a 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 23/12/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20