Entre arrolos e contiños

Migallas Teatro
Crianzas

"Entre arrolos e contiños" será unha sesión tranquila onde compartiremos historias con música da man de Bea Campos e do seu guitarrista de Migallas:

“Abre os ollos, as orellas,
o nariz e a boca xa,
entre arrolos e contiños,
a sesión vai comezar”
.

De 6 meses a 4 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cóm

Dirixido a : 
Crianzas entre 6 meses e 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 20/05/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25