Enredando
Crianzas
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas.
A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.
Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:
Mércores 26
O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do día anterior. Unha vez rematado enviaremos por correo electrónico a confirmación da praza.
Dirixido a :
Nenos e nenas ata 6 anos
Data, hora e lugar:
Mér, 26/07/2023 - 17:00
Espazo Apego
Prazas:
15