En casca de noz

Crianzas

Na casca dunha noz viaxamos entre contos e cancións por un mundo onde os animais e os ventos teñen a súa propia voz: a xirafa que quería ser araña, a ra rabuda que busca amiga, ou a familia de papaventos... personaxes todos que habitan un país de airexas onde a música conta e as historias se poden bailar. Charo Pita viaxa entre contos e cancións por un mundo onde os animais e os ventos teñen a súa propia voz.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 25. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

 

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 26/10/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25