En agosto Contos no Parque para o Apego

Contos no parque_Apego
Crianzas
26/07/2024

CONTOS NO PARQUE

Martes de agosto. 18 h. Parque de Bonaval (plataforma dos arcos)

Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h no parque de Bonaval (plataforma dos arcos). O acceso é aberto e de balde.

 

06/08/2024

A Tropa de Trapo. “Barquiño de pau” (+1 anos)

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe no barquiño de pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar. Un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia onde exploraremos os sentidos.

 

13/08/2024 ADIADO PARA O 03/09/2024

Magín Blanco. “Caderno de cores e cancións” (+3 anos)

Caderno de cores e cancións, a máis recente  proposta de Magín Blanco, ofrece  un concerto participativo en que, na compañía do músico Pablo Vidal, convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

 

20/08/2024

Inventi Teatro. “As palabras perdidas” (+4 anos)

A condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A condesa, unha coñecida contadora con sona internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. Faltan palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. 

 

27/08/2024

Títeres Alakrán. “Circo galaico” (+3 anos)

Espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Entre outros, contaremos con: Xaquín o forzudo xabaril; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina.

 

 

 

 

 

 

 

Resumo: 

Martes de agosto. 18 h. Parque de Bonaval (plataforma dos arcos)