Elos: parellas lingüísticas

Xeral

 

Elos é un programa de voluntariado lingüístico para facilitar o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar o galego e persoas que queiran colaborar con elas.

 

 

 

A partir dos datos que se facilitan na inscrición, compóñense parellas lingüísticas tendo en conta a dispoñibilidade e os intereses e cítanse para o seu primeiro encontro, que se realiza coa mediación dunha persoa coordinadora do programa. Os datos de contacto só se facilitan unha vez que as dúas persoas aceptan a parella proposta.

 

O funcionamento posterior é autónomo, co compromiso de conversar en galego, cando menos, unha hora á semana. Os encontros poden ser virtuais ou presenciais.

 

A coordinación do programa mantén o seguimento para resolver dúbidas ou buscar novos emparellamentos cando algunha das partes deixa o programa temporal ou definitivamente. Tamén ofrece actividades complementarias e gratuítas coas que coñecer máis sobre o noso contexto cultural.

 

Quen pode participar?

 

Calquera persoa, de aquí ou de fóra, que queira aprender a falar en galego e dispoña dunha hora á semana para dedicarlle a esta aprendizaxe.

Calquera persoa que saiba falar galego, teña unha hora dispoñible á semana e a vontade de axudar outras persoas a aprender ou mellorar a súa competencia na nosa lingua. 

En que me vai axudar?

Para entender mellor calquera información.

Para comezar a falalo.

Para atopar con quen practicar.

Para coñecer máis e mellor a xente e a cultura deste lugar. 

E de que me serve?

Podes facer novas amizades, coñecer outras realidades e culturas e quizais intercambiar a túa lingua con outra que desexes aprender. 

Ademais podes participar de balde en actividades complementarias como visitas a museos e rutas guiadas por Compostela coas que afondar no teu coñecemento da cidade e de Galicia.

 

Inscrición

Para participar só é necesario cubrir un pequeno formulario, segundo o caso:

 

PARA PERSOAS QUE QUEREN APRENDER

PARA QUEN FALA GALEGO E QUERE COLABORAR