Desenvolvemento motriz

Crianzas

OBRADOIROS PARA MEDRAR

PRAZAS ESGOTADAS!

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza, que iremos presentando en paquetes mensuais, para tratar e afondar en temas de especial interese nas idades máis temperás. Combinamos o seu xogo coa nosa aprendizaxe!

Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy vai falarnos durante os venres de marzo da "Educación a través do desenvolvemento motriz", cos seguintes obradoiros para estimular o sistema psicomotor:

  • 5 de marzo: "Xogamos con pan relado"
  • 12 de marzo: "Xogamos con papel"
  • 26 de marzo: "Pintamos con chocolate"

Nos correos de confirmación da inscrición indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.

Para familias con crianzas ata os 6 anos.

Para asistir é necesario inscribirse previamente no formulario. Pódese realizar desde a publicación da programación mensual ata completar a capacidade. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal) para posibilitar a asistencia de persoas que estean en listaxe de agarda. Para estas actividades non hai límite en número de persoas adultas por crianza.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

Dirixido a : 
Familias con crianzas ata os 6 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 26/03/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17