Decembro e Apego

Crianzas
29/11/2022

Velaquí as propostas para o último mes do ano que rematarán coa volta da Festa do Apego o 30 de decembro no Auditorio de Galicia. 

 


Coas miñas mans de Pablo Díaz

Venres 2 de decembro, ás 17 e ás 18.15 h, no Espazo Apego

Coas mans sinalamos, contamos, pintamos… comunicamos. Coas cancións de Pablo Díaz poñémolas en acción e relacionámolas con  moitas destrezas e coñecementos que adquirimos na infancia…, e tamén nos divertimos.

Dous pases do espectáculo para cativada entre 3 e 6 anos.

Inscrición para “Coas miñas mans” 02/12/2022 ás 17 h

Inscrición para “Coas miñas mans” 02/12/2022 ás 18.15 h

 


Tardes de contos

O tempo dedicado ás historias, grandes e pequenas, que saen dos libros, que alguén nos conta, que inventamos….

Os martes, con dúas opcións: para a xentiña máis pequena (0-3 anos) ás 17 h e para a non tan pequena (3 a 6 anos) ás 18.15 h. No Espazo Apego.

Inscrición Tarde de contos 13/12/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 13/12/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 20/12/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 20/12/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 27/12/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 27/12/2022 18.15 h (3-6 anos)

 


Tardes xogantinas

Que vai ser se non é xogar? Pero para xogar hai que falar, e moito!

Os mércores de 17.30 a 19 h, as crianzas de 3 a 6 anos teñen unha ocasión de “liberárense” e quedar sen papás nin mamás para pasalo moi ben. No Espazo Apego

Inscrición Tardes xogantinas 07/12/2022

Inscrición Tardes xogantinas 14/12/2022

Inscrición Tardes xogantinas 21/12/2022

Inscrición Tardes xogantinas 28/12/2022

 


Toin Toin de Raquel Queizás

22 de decembro ás 17 e á 18.15 no Espazo Apego

PRRRRRRR!!!! Popopoooopoooo!!! TOIN TOIN!!! A pequena coella non para de brincar, non quere durmir sen o seu conto. Esta hora sempre se presenta como unha aventura.

Un espectáculo de contos con monicreques de mesa acompañado de instrumentos musicais sinxelos para gozo da cativada da casa e das súas nais e país (1 a 4 anos).

Inscrición para “Toin Toin” o 22/12/2022 ás 17 h

Falamos, cantamos, aprendemos as falas dos xogos… e dámoslle á lingua sen parar.

Para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, ás 17.30 h. No Espazo Apego

Inscrición Lingoretadas 15/12/2022

Inscrición Lingoretadas 29/12/2022

 


FESTA DO APEGO

30 de decembro de 12 a 14 e de 16 a 20 h no Auditorio de Galicia

Música, xogos, contos, danza, recursos…, moitas propostas para achegarmos a crianza á cultura e ao lecer en galego durante a última festa do ano.

Especialmente dirixida ao público obxectivo do programa Apego (de 0 a 6 anos).

Entrada aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade.

 

 

Resumo: 

Programación para todo mes de decembro que remata cun día enteiro de festa e actividades