A cultura popular durante febreiro no Espazo Apego

Durante o mes en que a tradición di que casan os paxariños, no Espazo Apego somerxémonos de cheo na nosa cultura popular. O primeiro luns deste mes elaboramos un biscoito ben saboroso en Merendolas! e recibiremos a visita dunha entidade que traballa pola nosa cultura no Quen vén? deste mes. Ademais, os xoves desta candeloria serán do máis cantareiros con dúas actuacións con moitos contos, cantos e recitados na nosa lingua.
Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; realizaremos unha actividade interxeracional cunha visita especial en Quen vén? e a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego. De 17 a 19 h para
2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 3. Merendolas
Luns 10. Movéndonos con Apego
Luns 17. Quen vén? Compañía Títeres Alakran
Luns 24. Experimentamos
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 4
Martes 11
Martes 18
Martes 25
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Mércores 5. Xogamos coas palabras
Mércores 12. Fabricamos xoguetes
Mércores 19. Imos ao patio
Mércores 26. Xincana de palabras
Tachán!
Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 13. Contos e cancións do mar, de Babaluva Teatro (de 2 a 6 anos)
Os monicreques artesanais cobran vida para contar e cantar historias envolventes do mar, como “A raposa e o caranguexo” ou “O peixe luminoso”, de Italo Calvino. Este espectáculo de historias e cancións non só busca entreter, senón que tamén pretende concienciar sobre a urxencia de coidar os nosos mares e inspirar esperanza nas novas xeracións.
Xoves 27. Cantando con raíz, de Eduvía (de 0 a 6 anos)
Obradoiro no que a cativada poderá aprender cancións, ditos e recitados para achegarse á lingua dun xeito natural e divertido, unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e gozan das cancións propostas, recuperándoas e permitir así que non caian no esquecemento.
Durante o mes en que a tradición di que casan os paxariños, no Espazo Apego somerxémonos de cheo na nosa cultura popular.