Cucú

Cucú
Crianzas

Cariño, confort, descanso, experiencias sensoriais, emoción, outros bebés e diversión en familia. Unha sesión ideada para transcorrer polo universo da crianza, pasando dunha sensación a outra coa naturalidade coa que medramos a cada paso que damos.  Cucú é unha selección das cancións do libro disco Fantasía coas Palabras que mellor acolle as necesidades dos primeiros anos de vida dos nosos protagonistas, os bebés.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 29. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Nenos e nenas de máis de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 30/03/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25