Coser e cantar de Marta Ortiz

Crianzas

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, copas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio de coser. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas.

Aberto e sen inscrición previa,

Recomendamos levar unha mantiña para sentar na herba.

 

Dirixido a : 
Nenas e nenos a partir de 4 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 16/08/2022 - 18:45
Parque de Bonaval
Prazas: 
Sen límite