Contos para bebés

Inscrición
autor/a
Crianzas

Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para goce dos bebés. Ao mesmo tempo, as mamás e os papás poderán recuperar e e transmitir parte da nosa rica tradición oral levando para as súas casas unha mostra destes recursos e desenvolvérenos en familia.

Actividade organizada polo Departamento de Lingua para o programa Apego a cargo de Pavís Pavós.

Cómpre inscribirse enviando unha mensaxe ao correo electrónico dlg@santiagodecompostela.gal na que se indique o nome do(s) neno(s) que quere(n) anotarse, o da persoa adulta responsable, e a sesión na que queren anotarse. 

Prográmanse dúas sesións, ás 17 e ás 18 h, con 25 prazas en cada unha. 

As prazas dispoñibles adxudicaranse pola orde de entrada das mensaxes de correo que cheguen dentro do prazo (entre o 25 e o 29 de marzo) e contan unicamente as nenas e nenos, non as persoas adultas acompañantes. Unha vez rematada a inscrición, cada mensaxe recibirá unha resposta coa confirmación ou, se é o caso, co lugar da listaxe de agarda en que quedou.

Dirixido a : 
Nenos e nenas entre 1 e 4 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 04/04/2019 - 17:00
Centro Cívico do Ensanche
Prazas: 
25 prazas en cada sesión