Contos a pé de rúa

Crianzas

Dentro dos Martes de contos no parque, o vindeiro 1 de setembro reprogramamos os "Contos a pé de rúa" de Felipe Díaz "Caxoto" que tivemos que adiar en agosto por causa da chuvia.

Nesta contada, un particular varredor municipal chega á praza para realizar a súa función co mellor dos ánimos...

Para nenas e nenos ata 6 anos que fixeron a inscrición no seu momento en reservas.gal e, se finalmente hai vacantes, para os que se acheguen antes da hora de comezo ata completar o número máximo para participar con distancia de seguridade.





     
  •  
  •  

Programa Apego

Dirixido a : 
Nenas e nenos ata 6 anos que reservaron praza
Data, hora e lugar: 
Mar, 01/09/2020 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
100