Contando en igualdade
OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!
Obradoiro en que se van traballar os tan importantes conceptos e prácticas de medrar en igualdade e como eliminar da educación toda forma de violencia. Empregaranse xogos e contos para axudar a establecer relacións sas e equilibradas baseadas no respecto, para servirnos de guía e para pór en contexto este 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisan inscrición previa. A inscrición faise cubrindo cubrindo o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.