Construíndo minimundos

Minimundos
Crianzas

Neste mércores de escoliña familiar temos un obradoiro que é, á vez, un espazo de xogo. 

Mentres as nenas e nenos entre 2 e 6 anos gozan de infinitas posibilidades creativas ao alcance da man, as persoas adultas podemos aprender moito sobre o xogo libre e a súa importancia. 

"Construíndo minimundos" é un xogo de xogos onde, xuntando, engadindo, montando e desmontando, se estimula a capacidade de experimentación, imaxinación e superación de retos. 

Está deseñado e guiado por Gaia Ecocrianza.

Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo desde unha semana antes da actividade ata o día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar de que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

Dirixido a : 
De 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Lun, 02/11/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20