Condutas non respectuosas

Crianzas

Como reconducir as condutas non respectuosas

Un obradoiro guiado polo colectivo Arraianas no que reflexionar sobre o afrontamento das condutas que consideramos inadecuadas.

Desenvolverase no Espazo Apego e está aberto a calquera nai, pai ou persoa coidadora.

Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Se é necesario para acudir ao obradoiro, ofrécese unha actividade paralela para nenas e nenos entre 2 e 6 anos. En caso de requirila deberán anotarse no formulario os datos dos nenos e nenas asistentes.

Dirixido a : 
Nais, pais e persoas coidadoras
Data, hora e lugar: 
Ven, 10/06/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25