Compartamos o noso maior tesouro!
O programa ELOS de parellas lingüísticas axúdalles ás persoas que queren aprender a falar galego a estaren en contacto coa lingua. Para que funcione precísanse persoas dispostas a compartir o galego a través da conversa!
Neste novo vídeo Nathalie, de Bélxica, Aneta, de Venezuela, Paco, de Aragón e Sebastián, de Arxentina, anímannos a non agochar e a compartir o noso maior tesouro.
Para sumarnos como un elo máis da cadea e compartir a lingua só fai falta unha horiña libre á semana, a vontade de axudar, de facer novas amizades, de coñecer outras realidades e culturas e quizais intercambiar a nosa lingua con outra que se queira aprender. Neste momento precísase voluntariado.
Estreamos un novo vídeo no que Nathalie, Aneta, Carlos e Sebastián nos invitan a compartir a lingua.