"Coas miñas mans"

Crianzas

Coas mans sinalamos, contamos, pintamos… comunicamos. Coas cancións de Pablo Díaz poñémolas en acción e relacionámolas con  moitas destrezas e coñecementos que adquirimos na infancia…, e tamén nos divertimos.

Dous pases do espectáculo para cativada entre 3 e 6 anos.

Inscrición para “Coas miñas mans” 02/12/2022 ás 17 h

Inscrición para “Coas miñas mans” 02/12/2022 ás 18.15 h

A inscrición estará aberta ata o día anterior á actividade ás 12 h. Posteriormente confirmaranse as prazas por correo electrónico.

Dirixido a : 
3 a 6 anos (acompañad@s)
Data, hora e lugar: 
Ven, 02/12/2022 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
25