Carabuñas

Crianzas

Un conto tradicional guiado por Susana Penabad Ramos para nenas e nenos maiores maiores de 3 anos.

Ao rematar elaboraremos unha manualidade moi monstruosa! (Deben traer un calcetín para elaborala).

A inscrición farase desde unha semana antes, ás 00.00 h, enviando unha mensaxe de correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.gal) na que conste o nome da nena ou neno, o da persoa adulta acompañante e un teléfono de contacto. Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

 

Dirixido a : 
Nenos e nenas a partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 04/06/2020 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
10