Cancións da casa da avoa
Na casa da avoa, a onde o protagonista da historia vai vivir por un tempo, descobre a música e a composición. Pouco a pouco vai aprendendo a tocar a guitarra e a pandeireta e creando as súas propias cancións.
Xavi Longueirón é músico e mestre con formación teatral e de clown e cunha xa longa experiencia na creación de música infantil.
Inscrición "Cancións da casa da miña avoa" 28/07/2022
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda.